Uns cantos vídeos bizarros

pantis xinxa.jpg

Hoxe á noite empezamos as nosas pinchadas de música galega e concertos no festival Novos Cinemas de Pontevedra e como nos deu pola cinefilia estivemos facendo un varrido por YouTube para recopilar vídeos do Galician Bizarre. Hai videoclips, pero tamén rexistros de concertos, fragmentos de programas da tele… Aínda que a música sexa o centro das cousas que facemos, cando alguén fai cancións sempre acaba liando a outra xente para que haxa unhas imaxes para acompañar (ou facéndoas), e ao final botarlles unha ollada serve para ver varias cousas importantes. Por exemplo:

  • As caras de xente que está ou estaba alí, aínda que non tocase en ningunha banda. Unha escena/movemento/o que sexa como a do Galician Bizarre non só necesita grupos, senón tamén un público estupendo entre o que ademais hai xente que fai fotos ou vídeos, que escribe, que inspira e que se inspira.

 

  • O traballo de realizadoras e realizadores bizarros como Rubén Domínguez, Mar Catarina, Sara Iglesias, Javi Camino, Carlos Martínez-Peñalver…

 

  • Os apuntes de algo que podería parecer unha estética do Galician Bizarre se atendes a cousas que aparecen a miúdo: cores estridentes, formatos aparentemente obsoletos, iconografía galega… Claro que aquí tamén habería que recopilar carteis, portadas e demais material gráfico (acabaremos facéndoo).

 

  • Lugares, bandas e proxectos que a día de hoxe xa desapareceron. Telephones Rouges, Fantasmage, Metralletas Lecheras, Mullet, Cudevaso, PORNO, Vúmetro… e momentos como a colaboración de Carlos Oroza con Jay.

 

Se tedes un anaco aburrido podedes botarlle un ollo a estes 91 clips que tedes debaixo e suxerirnos cousas que se nos pasasen. Se tedes un anaco aburrido en Pontevedra pasade polo festival!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s