O mesmo verán de 2011 que entrevistamos os Telephones abriu en Pontevedra o Liceo Mutante, comezamos a ir a concertos tódalas semanas e a coñecer unha pila de xente marabillosa. Empezaba unha Nova Era Dourada para facer movidas e bulíamos para ir a concertos, feiras de fanzines e demáis a beber, falar, bailar, rir e gozar como seguimos facendo a día de hoxe.
O día da entrevista espertamos nun piso de Pontevedra, frescos, fortes, brillantes, collimos rumbo a Noalla pola vía rápida do Salnés. Víramos o evento en facebook e non sei se a idea de entrevistar aos Telephones xa estaba planeada ou se tivemos unha visión oportunista do asunto e aló que fumos. En Noalla había un bochinche, escenario e un leira-cámping con catro tendas, porque aquelo era un festival de música. Estivemos falando con oghrovitas nos bancos do campo da festa pola tarde, falaban das bateas, do marchonaso, do puto másimo, e ló, meu e todo eso. Segundo se facía noite aparecían os paisanos da zona preparados para a romería, íanse acodando na barra de chapa e miraban ao escenario con escepticismo. O concerto de Telephones molou a hostia, incluiu algunha caida do escenario e nalgún momento saltoulles un balón, tocaron con xenio e deron boa resposta ao ambiente hostil facendo unha movida máis hostil aínda para quen quixera pachangueo soft.
Ao final, tal como quedaramos, subimos ao backstage, que era o palco de cemento do campo da festa e sentámonos no chan. Puxemos o teléfono a gravar no medio e comezamos a preguntar parvadas que levabamos apuntadas nun papel, e os tipos foron contestando con todo o angst e a simpatía violenta propia da xente do salnés. Daquela pareceunos que nos quedara unha entrevista a hostia de graciosa e simpática, que era o que sempre quixemos e sempre quereremos. Tiñamos 18 anos no 2011. Xente nova e leña verde, lume a todo.
ENTREVISTA A TELEPHONES ROUGES
A mediados del pasado estío, unos emisarios del Cosmonauta Tropical se adentraron en las entrañas de la selva galaica para entrevistar al célebre conjunto musical conocido cómo Telephones Rouges, que actuaban en el malogrado festival Noalla Viva. Ésta bonita experiencia tuvo como fruto una entrevista en la que sus componentes desgranan sus influencias, sus planes de futuro, sus taras y sus ocasionales miradas de locura. Telephones Rouges es una de esas agrupaciones musicales de jóvenes que hacen ruído sirviéndose de complicados artilugios mientras gritan cánticos masónicos, cuya escucha desde la redacción del Cosmonauta Tropical recomendamos. La entrevista está realizada en la ancestral lengua del Reyno de Galicia. Podréis leer una burda traducción a la Lengua Imperialista en nuestro blog.
Cosmonauta: Hai que centrarse, imos empezar cun tema serio. ¿Cómo vedes vos todo o tema do Galician Bizarre esto que está salindo agora, que se está poñendo de moda?
Telephones: Eso está morrendo aí… O tema de Galician Bizarre xa está acabado, xa sacamos o recopilatorio e agora non queremos seguir etiquetándonos para que sexamos carne fácil, presa fácil dos medios de comunicación. O tema do Galician Bizarre agora está rematado, os grupos fixémonos amigos, foi para o que serviu, para facer amigos, vivir experiencias…
C: Si, estase xenerando un pouco unha etiqueta.
T: ¿O qué oh? ¿Unha etiqueta, dis? Eso é unha puta basura tío. O Galician Bizarre… eu dígoche unha cousa. O Galician Bizarre eso é para collelos e matalos a todos tío. Eso é un puto fraude, eso son unha pandilla de horteras que pensan que por facer aí catro acordes xa son aí o máximo e fan unha puta basura. E nós entre eles. Pero bueno, como dixemos, eso está todo acabado, eso foi unha mentira, colouvos a todos e eso é o importante, que sodes uns pringaos e pensades que todo mola, pero non todo mola.
C: E cal credes que é o papel de Triángulo de Amor Bizarro en todo esto.
T: ¿Papel? Outros horteras máis. Triángulo de Amor Bizarro no, non sirven para nada.
C: Puxeron de moda a etiqueta, ¿non?
T: Que va, eses nada… esos son bos chavales, pero teñen que seghir practicando. Eh… eu penso que aínda teñen que seghir practicando. Pero bueno, son boa xente, son de Boiro, son da ría, e son bos amighos, pero a música, teñen que seghir facendo algo máis pop, sabes. A min gústame o pop, o pop así rollo… cómo dicilo, Vetusta Morla, movidas así, e penso que o que fan está un pouco desfasado, eh… están moi anclados nos anos ochenta, e eu penso que se repiten. Repítense moito.

C: Vale, agora empezamos co tema serio, co que nos interesa de verdad. Esto era un pouco un entremés, sabes. Bueno, a siguiente pregunta é sobre cómo afecta a condición de península ós grupos do Grove. Cómo vos afecta no voso día a día. Está claro que vos afecta, eso está clarísimo. Pero queremos saber de qué maneira.
T: Home, non vamos a saír a Villagharcía nin aquí a Noalla nin a Cambados… A última vez que salimos da península, tío. Nos sólo triunfamos alí no Ghrove. Somos un ghrupo autóctono dalí e alí somos ídolos, sabes, alí a xente salúdanos pola rúa, dinos ‘joder, cómo molades’ todo eso. Aquí a peña non controla de nada, tío. Non controlan tío, son obtusos, non saben ler a nosa música, non saben ler entre líneas sobre o que estamos intentando transmitir.
C: O subtexto, ¿non?
T: Nós… nós somos moi profundos tío, somos xente profunda que utilizamos moito a metáfora, a metáfora musical. A metáfora musical é o máis importante da nosa música. Un rollo un pouco transnacional, ¿non?. Sí, transnacional e un pouco interpatriótico sobre todo, porque claro, a patria, San Vicente, o Ghrove, son como dúas querencias culturales, dúas querencias culturales que provocan unha simbiosis cáustica que desemboca en todo esto.
C: Bueno agora… ¿Qué pasa nesta provincia que estades todos zumbados? Aquí en Pontevedra… do río Ulla para abaixo estades salvajes, e eu quérome explicar por qué.
T: D R O G A. Pero nós somos rapaces sanos. Auga mineral… eu son máis de… de tabaco e así, a min agua mineral con gas mellor. Con gas, con gas… Pero en Touro tamén hai drogha. Tomades resina, ¿non? Resina de eucalipto.
C: Augardente da Ulla.
T: Aí estamos.
C: A siguiente pregunta é que hai quen di que a vosa canción ‘Du vist bra’ é a canción de ‘Quiero montarme en tu velero’ do revés.
T: Non… esa é unha canción romántica sobre todo. Ten razón, a verdade e que ten relación co velero. A ver, ten relación con Polanski, en plan a película esta do barco, a primeira que fixo… pois…. ¿cómo se chamaba? Da ighual. Pois sí, é un rollo así, en plan triángulo amoroso, esas cousas que funcionan tanto. Hai como un par de triángulos amorosos e o tipo quedou moi queimado, entonces ‘du vist vran’ (variacións no título da tonada todas elas aportadas por tódolos integrantes desta alegre conversa) é como… significa máis ou menos ‘estou queimado’, ‘estou queimado, du vist vra’. E así todo o rato. É eso, que nós somos uns puretas, e as tipas non nos fan caso, e entonces cantámoslle ó desamor.
C: Moi ben, e agora o tema importante. O diñeiro… os cartos, ¿eran pra tanto ó final? ¿Era para tanto o tema dos cartos para poñerse así con eles?
T: ¿Qué cartos?
C: O concepto económico, todo eso que se está facendo agora, o 15-M, todo.
T: No a ver, a min os do 15-M parécenme uns paletos, esos son todos uns paletos. Matías é do 15-M, está súper concienciado. ¿Vós non seredes do 15-M?
C: No, no, nada que ver.
T: A ver… eu son do PSOE. A ver meu pai foi toda a vida do PSOE, entonces eu seghinlle a línea, ahora estou a ver se me meto de concejal aquí no Ghrove, porque é un bo curro, un curro de traballar para o pueblo… facer piscinas para os vellos, sabes. Pero bueno, vai mal a cousa, estou cambiando de ideales, a min agora mólame o costumbrismo neorrealista tío, é o que está funcionando ahora… Imaxinade, unha estrella de rock, concellal do PSOE.
C: ¿Algunha vez vos plantexáchedes o tema de aprender a cantar?
T: Sí, estamos… estudiando por aí canto gregoriano, moitos tipos de canto. Pero a profesora dime que o teño complicado, que siga ejercitando porque non hai forma, a respiración que ten que saír de dentro, ese é o punto, hai que collelo. Pero vamos… mólame o heavy tío. O heavy é en plan ‘waaahh’ ‘waaaahhhh’.
C: A vós é o que vos mola ahora.
T: O heavy está que se sale, é unha marabilla. Cantar é para a peña que non controla tío. Nos somos máis de ghritar, máis de exteriorizar aí os nosos pensamentos acuáticos, sempre estamos aí na agua, estamos buceando e de vez en cuando salimos, e hai un día que había unha tormenta e bueno, tivemos unha electrificación cuántica e quedou todo no aire, foi unha marabilla.
C: Para rematar xa, ¿algún comentario sobre este festival? ¿Algún comentario sobre o festival Noalla Viva? ¿Algo sobre a organización, sobre a xente que vos acaba de meter unhas hostias case? ¿Queredes acabar de liala xa con Noalla? ¿Algún comentario polémico?
T: Esto ven de séculos atrás, é unha cousa histórica.
C: ¿Qué pasa con Noalla, que é eso dun barco?
T: A ver, Noalla, é o que dicía, os desta vila cortan os pinos no Ghrove e ahora estanse industriaizando, e como todos os procesos de industrialización pois empezan a culturizarse e tal, e agora fan festivales, pero fáltalles un público.
C: Aquí non están na civilización dis.
T: No, están un pouco a monte. En Noalla están a monte. Son un pouco… os de Noalla… mira, vouvos contar unha historia. Os de Noalla (neste punto esixen anonimato) os de Noalla iban a roubar á Atlántida, e víñannos a joder as chavalas ó Ghrove, e agora non teñen nin a decencia de invitarnos a unha cerveza joder, son uns mierdas. Noalla que se mueran tío, imos plantar lume aquí mañán pola mañán. Van a flipar, non vai a quedar nadie vivo aquí. Van a morrer todos. E despois vamos ir a Touro, e vamos a joder todo aí, vamos a jodelo todo. Vou reventar todo.