O sábado 12 o Café Bar El Muelle acolleunos para facer o primeiro Discoclube Bizarro, no que estivemos xente de KADETTGSI, Esposa, Atrás Tigre, Puma Pumku, Travesti Afgano, Contenedor de Mierda, Pantis e Bulto presentando as cancións do Galician Bizarre 3 e compartindo unha pinchada feita só con música galega. Foi bonito. Aprendimos cousas, como por exemplo que “Todos los días es mi cumpleaños” de Bulto está baseada nas peripecias de Esteban tocando nunha orquestra na que efectivamente todos os días finxían que era o seu cumpreanos, ou que “Abisal” de Atrás Tigre naceu despois de atopar no lixo o diccionario de símbolos de Cirlot e abrilo polo comezo.
Como foi bonito, este venres imos ter o Discoclube Bizarro #2 no Tinta Negra de Vigo, desta volta con Lamprea Explosiva, Dois, Selvática, Estrambote, Contenedor de Mierda e Travesti Afgano participando na movida.
E como foi bonito, pareceunos bonito tamén recopilar todos os temas que se puideron escoitar na pinchada, para ter máis a man todas estas cancións feitas dende aquí que nos descubrimos unhas a outras. Sesenta e pico temas que non sonaron exactamente nesta orde e que agora podes escoitar aquí debaixo, a maioría nesta playlist de YouTube e os que non están alí clicando no título dentro do listado a continuación. Bueno, hai algún que viña da colección de cds de Sara Iglesias e non existe en Internet, así que xa lle preguntas a ela ou escóitalos na próxima pinchada.
A cousa quedou bonita e variada, con baladas, punk, electrónica, cancións políticas, cousas intimistas, rock normal, rock raro, post rock, clásicos dos 60, 70, 80 e 90 e tamén temas que aínda non se editaron ou ao mellor non se editan nunca. A foto é do bote que Rafa Anido foi pasando por aí. Moitas gracias a toda a xente que aportou!
Pucho Boedo – Monólogo do Vello Traballador
Ana Kiro – Avenidas y paseos
Franc3s – El sentido de la lucha
Nadadora – El sueño ardiendo
The Homens – Cen días
Fantasmage – Espacio en tu cabeza
Dois – Coches abandonados
As Incribles Páncreas – Non podo parar
Cudevaso – Abdul-Jabbar
Los Televisores – Vacaciones
Os Resentidos – Música feliz
Ataque Escampe – E eu que chorei con Ghost
NHU – Hay un tren
Los Tamara – Camino del Sahara
Terremoto sí – Termitas
Jay – Motero
Tulip – Arrecife
Nico the Chef – Te quiero de más
Baiuca – Muiño
Esquelas – Portador
Death Whistle – Excerpt #03
Gas Noble – Qué pasa jazz
Carrero Bianco – Gafas de sol
Dar Ful Ful – La belle âge
Lentejas Los Miércoles – 8 bit song
Carrero Bianco – Muévelo
Schizophrenic Housewives – Heterodyne Radio
Mack Barracuda – I Don’t Wanna Share It
Schizophrenic Housewives – Can’t Stand the Midwest
Lentejas Los Miércoles – F*ck
Pastillas Mamut – Fiesta de mierda
Golpes Bajos – Cena recalentada
Seda – Nieve en el ático
Galope Mestizo – Guayaba
BFlecha – Salacot
Fluzo – Medicación
Synth Alien – Cygnus X – 1
Sindikato Agrario – Informatika
Unicornibot – Premonición
Djalminha – PO-308
Diola – Lambada
Narf – Santiago
Blanco Palamera – Caer
Malandrómeda – Ti e máis eu
Familia Caamagno – Canción Moderna de Occidente
Boy Elliott and the Plastic Bags – Planeta 19
Fame Neghra – Nom significa nom
Malraio – Zoo da working class
Samesugas – Exploding Heart
Emilio José – Lugo
Ocre – La fatiga de los materiales
Fanny + Alexander – Pánico (merda de dj)
Los Coyotes – 100 guitarras
Sudor do Tractorista – Os ducados
Os Vacalouras – Capacho rock
Sudor do Tractorista – O puto pior
Árvore – Aborrecemento, amor e tripis
Telémaco – Imaxina
Mala Ratxa – Celulosas
Contenedor de Mierda – Ponte de pijo
Copa Turbo – Espello
O Leo i Arremecághona – Vivan as veighas
Nave Nodriza – La modernidad
Glitchgirl – Rally
Emilio José – Ourense
Lendrone – Mikromaschine
Don Nadie – Anna 16
Montaña Muerte – Into the Divine Bossom